Blogia
mariajosevarela

marzo

marzo Na primeira sesión de Novas tecnoloxías non había unha claridade sobre como ía ser a asignatura pero nesta primeira hora xa me din conta de que esixe un traballo constante e diario.
A pregunta inicial sobre os nosos coñecementos previos foi sobre o que nos creíamos ou o que suponía a tecnoloxía. Eu asociaba a aqueles instrumentos que non precisan a man humana para traballar, todos aqueles aparellos que sirven como apoio ou axuda ás persoas, e para min suponía unha innovación, progreso, avance... Relacionaba a tecnoloxía a todo positivo, como se fose algo perfecto e maravilloso, sen embargo, despois dalgunha sesión mais desta materia decátome de que as novas tecnoloxías non sempre están pensadas con fins optimos nin favorables para a humanidade.

0 comentarios