Blogia

mariajosevarela

proxecto curricular de centro

Estre tantos traballos e xa encima os exames non temos tempo para nada. O xoves ensinamoslle o traballo a profesora e estaba incompleto así que estivemos as dúas horas traballando co proxecto, ao final da clase tiñamos un moitas explicacións sobre como íamos facer para dar a entender que a nosa metodoloxías é construtivista. Pensamos que xa estaría perfecto, para nos é un colexio ideal, dos cales non coñezo ningún, pero seguía a faltar algo así que nos ensinou a páxina The ross que para a mestra é o exemplo a seguir... cantas dúbidas.
Nos estivemos todos estes días traballando tanto plástica como Novas tecnoloxías e finalmente rematamos hoxe o proxecto curricular do centro "Valle-Inclán". Nos pensamos que está perfecto, e incluso cremos que é demasiado idealista pero consideramos que é como debería de ser. ¿Como expresar senón a metodoloxía que aplicamos? O xeito mais claro é explicar e logo exemplificar.
Este proxecto creo que engloba todo o que vimos até agora por iso é tan importante ter todo moi claro. ¿Son importantes as TICs? Si, debemos integralas nas escolas, pero en primeiro lugar cambiar a metodoloxía, facer menos uso do libro e traballar máis para os alumnos é o que deben facer os mestres. Os docentes teñen moito traballo se queren uns resultados bos e positivos pero se desconectan e pasan de todo é como as demais profesións, non esixe esforzo. Tanto eu coma as miñas compañeiras do grupo tratamos de facer o mellor proxecto de centro e esperamos que sexa así.

fin do 2º proxecto

Estiven a traballar todos estes días para rematar o traballo de plástica. Esta vez elixin o netscape para facer o proceso do proxecto II. Pareceme que queda mellor e como agora o sei manexar pois aproveito para darlle uso. Atopeime con algún problemilla como por ejemplo para copiar a folla de avaliación global, finalmente resolvin o problema facendo tablas e copiando o cadro da avaliación. No netscape incluín as ideas inicias que foron algunhas, a ubicación xeográfica que é na provincia de Pontevedra preto de Sanxenxo, están as reflexión e finalización do proceso, as fotos, unha breve recollida de información que recopilamos entre todas sobre o arte efímero, arte ambiental, e sobre o autor Andy Goldsworthy, xa que segue a liña que nos eliximos como artistas primerizas.
Este proxecto foi unha experiencia marabillosa xa que tivemos libre elección para facer o que máis nos gustara, non houbo ningunha pauta e iso da mais facilidades. Para min en arte débese expresar algo, e por iso me gusta tanto a idea de expresar o símbolo do ying-yang e o poder da naturaza que sempre ataca aos máis débiles e é tan imprevisible como tan poderosa.
Creo que tod@s deberiamos cuidar o noso entorno xa que nos proporciona moito mais do que nos lle ofrecemos.
Agora xa está a piques de rematar o curso e este foi, sen dúbida, o cuatrimestre máis laborioso, neste cuatrimestre impliqueime e esforceime por facer todo o mellor posible.

PROCESO DE PLÁSTICA

PROCESO DE PLÁSTICA

16/03/05

A partir dos textos de A tiranía das imaxes, a imaxe como manipuladora das masas e deslumbrados, atrapados, construidos, tivemos que facer onte na clase, por grupos, unha selección de ideas que nos salientazos dos textos. Despois de ler os textos e reflexionar sobre o que me parecía mais importante pensei na utilidade que ten o arte na sociedade. Gracias a unhas imaxes podemos facer un percorrido ao longo da historia, non sempre obxectivo, iso depende da ideología e do enfoque que se queira transmitir. Por ejemplo, con so mirar un cadro ou unha fotografía dunha guerra xa podemos falar e tratar un tema extenso.

17/03/05

A clase de onte foi de observación e reflexión, a similitude que hai entre distintas imaxes que intentan transmitir o mesmo.
A imaxe dunha muller musulmana, comparada con un cadro.
Tratouse a figura da muller reflexando a muller obxecto. Por ejemplo a imaxe dun coche onde se podía ver a figura dunha muller como un bulto mais na baca do coche. Non era un coche calquera, representaba un coche de xente musulmana. Tratase á muller como un obxecto preciso, en todo caso o seu papel.

Debemos reflexionar sobre todos aqueles conceptos que usamos normalmente cando falamos de arte. Sobre aquelas ideas que temos de arte, as conexións que establecemos e con que categorías estéticas nos movemos.
É dicir, revisar as nosas propias concepcións de arte xa que dalgunha forma vouna a transmitir como futura docente que serei.
Eu relaciono arte con moitos campos, para min o arte está en case todo, dende unha fotografía até calquera manualidade ou un cadro de museo.
O arte non debería xuzgarse dende a estética xa que detrás do produto final hai un longo proceso que debe ser tratado e considerado como arte. Todo arte debería ser respetuoso con calquera idea religiosa, política... pero baixo o meu punto de vista o arte nunca debería mezclarse con sentimentos religiosos.

29/03/05

1º proxecto

Hoxe xa podemos comezar a falar do que será o 1º proxecto de plástica. Arte: educación: un modelo en construcción.
Podemos decir que conta con tres partes. A primeira parte tratase de facer unha historia persoal con imaxes. Algo así como un recordo da nosa infancia na área da educación plástica. En que artes penso, imaxes que asocio con arte… A segunda parte constará dunha serie de imaxes que encaixen coa visión artística. A terceira parte é a construcción dun modo de educación artística.
A cuarta parte e última é o tema en grupo. Esta parte é a que nos temos que expoñer.

30/03/05
Estiven buscando todas aquelas imaxes que podo relacionar eu coa arte que eu traballei. Intento facer un percorrido dende a miña infancia até agora, como foi cambiando o meu concepto de arte. Intento representar con debuxos as etapas de tódolos cursos durante primaria, e decir, en outono traballo sobre o magosto… en decembro todo aquelo que tiña que ver co nadal ou o dia da paz…. Na primavera debuxabamos sobre o que estivera relacionado e en xuño igual. De momento esta é a miña idea inicial. Esta parte é quizás a que mais me gusta, sobre todo por que é individual.

7/04/05

Recopilei un montón de fotos que intentan expresar ese longo percorrido do que falaba o outro día. Estiven tratando de expresar mediante fotos mais ao final teño que axudarme un pouco de texto para transmitir o que foi para min arte. Sen embargo, eu recollin dunha revista unha serie de fotografía que expresan o arte. Mediante dúas fotos completamente distintas, por ejemplo, dúas que eu teño como pode ser a importancia que se lle deu á morte do papa, unha persoa, que sendo boa ou mala era unha persoa que tampouco foi mais alá…. E outra foto sería a do terceiro mundo. O día que morre o papa están a morrer por todo o mundo milleiros de persoas…¿Qué pasa? ¿son menos importantes? Pareceme lamentable o que acontece tanto neste país como en outros pero o noso xa é esaxerado. A mesma comparación poderiamola facer coas monarquías pagadas polo estado e esta xente que morre de FAME no século XXI. Lamentable.
As imaxes do Tsunami trasmiten tanto sentimentos que iso para min é arte. O arte da naturaza aínda que afecte negativamente na vida humana.

8/04/05

Agora o que mais nos urxe é o tema a expoñer. Tivemos que adiantar a data de exposición. Xa estiven buscando información pero agora hai que traballar todas xuntas para saber o que imos a seleccionar de toda a información que temos. Atopome coa presión do tempo. Necesitaríamos mais tempo para traballar pero agora hai que facelo o mellor posible.

9/04/05

Estou a buscar imaxes para o traballo de exposición, levo tantos dias co mesmo e ainda non rematei. Pareceme difícil xa que non hai tantos debuxos coas características que eu busco. Pensei que isto sería o mais facil e esta resultando ser o mais difícil.

15/04/05

A recopilación de imaxes para ensinar en primaria está sendo fácil, aínda que o problema está na organización do grupo, non todas coincidimos para poder quedar e iso dificulta moito o traballo. En vez de ir á clase os mércores podemolo facer e de feito son as horas mais aproveitadas para traballar. Tratamos de escoller temas transversais que se poidan tratar en tódalas asignaturas, non soamente nunha.
Algún tema que temos pensado son: a educación vial, as estacións do ano, a sexualidade…
En primeiro lugar buscamos imaxes relacionadas con estes temas e despois xa lle poñeremos como imos a empregalas e para que idade.

18/04/05

O traballo estase alargando demasiado no tempo. Xa estou agobiada porque non é este o único que temos por facer. A miña historia persoal xa está rematada e xa estiven buscando as imaxes que precisamos para ensinar a nenos de primaria. As clases están sendo de gran apoio xa que é o momento onde resolvo as miñas dúbidas. Ademais xa se aproxima o día da exposición na clase e isto aínda está moi verde. Temos tanta información que é difícil facer unha selección exacta do mais importante. Hai que ler moito porque senón non me entero de nada, a partir de todo o que lea farei un resumo e logo hai que pasalo a word e a power point para presentalo.

28/04/05

Onte na hora de plástica a mestra explicounos a última parte do traballo (primeiro proxecto).Consiste en elixir un tema a partir das imaxes que temos recopiladas. A partir dese tema enumerar unha serie de actividades e como se trata ese tema en arte, é decir, como aproveitar un tema para traballalo artisticamente. Nos xa fixemos todo isto na clase entre todas para ir adiantando traballo. Esto pareceme ameno e interesante porque por ideas que non sexa, o problema é se nun futuro podrei aplicar todo isto.

4/05/05

O 1º proxecto está apiques de rematarse. Agora xa estamos coa parte final. O proxecto é ¿Qué pasa pola rúa? Pensamos unha justificación do porque eliximos este tema da educación vial. Non quixemos extendernos moito porque senon pasanos como no tema a expoñer, demasiado texto é aburrido. Despois fixemos o proceso de aprendizaje, como ía ser (produtivo, cultural, perceptivo e crítico). Esta parte do 1º proxecto pareceme fácil e bastante ameno. Agora xa so nos falta xuntar todo nun disco e levarllo a profesora.
Hoxe na clase estivemos vendo obras de distintos artistas que traballan co entorno natural. Vimos arte efímera, arte que non está exposta para sempre senón que desaparece. Gustoume moitisimo ver as distintas obras xa que descoñecía este estilo de arte. O xogo do natural e o artificial, o xogo do tamaño, por ejemplo un home e catro cilindros moito mais grandes…
Finalmente, María Jesús dou unha idea xeral sobre como ía ser o 2º proxecto. Parece que vai a ser moito mellor co primeiro. Primeira impresión. Pareceme que se trata dun proceso de algo que se nos ocurra inspirandonos nalgun autor ou encadrarnos nun estilo.
¿Cómo será o proxecto?

9/05/05

Por fin entregamos o primeiro proxecto. Este cuatrimeste estame resultando bastante agobiante porque temos demasiado traballo para tan pouco tempo. Este proxecto é certo que non tivemos ningún tipo de presión para entregalo pero non pasa así con todos.
Ademais, tantos esforzos e tanto traballo para que logo a exposición non nos saíra tan ben como desexabamos. Queríamos poñer tanta información que a día de hoxe penso que sería mellor poñer menos texto e mais imaxes que reflexaran o mesmo que expresou o texto.
De todos xeitos, estou contenta polo traballo que realizamos porque traballamos e esforzamonos todo o que poidemos e iso tamén se debe ter en conta.

12/05/05

2º proxecto. Este proxecto tamén o imos a facer en grupo. Trátase dunha acción espontanea. Na clase de onte explicouse o último proxecto. Temos que relacionar arte con naturaza. Hai que buscar un problema. Por ejemplo: manipular unha fotografía, a fábrica: efecto contaminante, xogar coas formas, simetría, circulos perfectos con pedras, formas irregulares, unha persoa con un espello trata de expresar o noso entorno baixo o brazo…. Estes son algúns dos ejemplos mostrados na clase de onte.
O mais importante deste proxecto é a recollida do proceso.
Debemos buscar un espacio e sacar un mapa da web, xusto da zona onde traballamos. Os pasos a seguir para facer o texto estan na virtual.
Pareceme un proxecto moi interesante e bastante coherente coa estación, xa que co bo tempo hai mais posibilidades, mais espazos para traballar….

25/05/05

Despois de estar toda a semana pensando unha idea para levar a cabo o 2º proxecto decidimos ir hoxe na hora de plástica para a praia e facer algo, pensar unha idea que relacione a naturaza con algo interesante. Moito pensamos….
Collemos o tren (nunca fora, unha nova experiencia) e fomos até Vilagarcia onde nos esperaba Olalla. Sen saber moi ben o que iamos facer, fomos observar distintas praias, xa que non coñeciamos a zona (excepto Olalla), o día estaba perfecto, paramos nunha praia da illa de Arousa onde había moitisimas cunchas pola area, apañamos unha bolsa delas e de paso preguntamos aos mariñeiros a que hora subiría a marea. Marchamos, ocurriusenos que tamen podiamos apañar flores. Collemos outra bolsa con flores.
Chegamos a praia de Canelas, que praia mais fermosa…. Que dia!! Este está a ser un dos mellares proxectos que tiven, ao aire libre… Pensar, pensar… por fin tivemos unha idea. Trátase de representar o símbolo do racismo. Unha metade cunchas e outra metade flores. Comezamos a traballar na area que estaba mais húmeda. Todas traballando con cuidado para que quedara perfecto pero cando xa non faltaba moito para rematar o símbolo demonos conta de que a marea xa subira moito, non nos ía dar tempo a rematar o símbolo, así que apuramos tanto como podiamos. Cambiamos a idea principal. A naturaza é moi impredecible. Pode arrasar con todos nos en segundos, todo o traballo que nos facemos, todas as vidas que ocupan un espazo determinado poden desaparecer en segundos coa forza da naturaza. É o que aconteceu. Veu unha onda e arrasou coas flores, as cunchas duraron mais tempo. Parece como se as flores representaran os paises do terceiro mundo, onde como dí unha canción (parece que, perro flaco todo son pulgas, nunca he visto un maremoto arrasar “kintovenlov”). Sempre acontecen as peores catastrofes en paises pobres.
Xa traballamos bastante hoxe, non perdemos o tempo e pasamolo moi ben.

O proceso dos proxectos

O proceso dos proxectos

22/03/05

Dende que comezou o segundo cuatrimestre a materia de novas tecnoloxías supuxo un reto para min debido a que é a materia da que sempre estiven mais distante, debido a inexistencia dela ao longo da escolarización. As clases prácticas creo que son mais útiles cas teoricas xa que pareceme que nesta materia é moi difícil enseñar a teoría sen ter diante todos eses contidos.

24/03/05
1º proxecto

O primeiro proxecto está sendo algo así como un rompecabezas. Non sei moi ben o que hay que facer, todo é descoñecido para min, é como andar polo deserto, igual de desorientada estou eu.
A lectura esta a ser un gran apoio para logo poder buscar imaxes adecuadas. Non sei como serán os seguintes proxectos pero este estouno levando bastante mal, por un lado a presión do tempo que se ven encima a pesar destes días que temos de semana santa que non facilitan moito o traballo xa que ningunha de nos( do grupo) vivimos cerca para traballar no proxecto comodamente e por outro lado a falta de organización e coñecemento.
A presentación power point non sabía nin que existía antes de coñecer esta materia. Por iso cando se nos plantexa a posibilidade de presentar un traballo neste programa abrironse moitos interrogantes.
¿Por qué e para qué as tics na educación? Esta pregunta levounos a un mar sen fondo de respostas.
En conclusión, neste primeiro proxecto a maior dificultade que atopo é a de enfrentarme a temas descoñecidos totalmente para min, como pode ser o power point que finalmente apredin a manexalo mellor e pareceme sinxelo.
Creía que sabía algo deste tipo de tecnoloxías e doume conta que descoñezo todo, a dura realidade.
Xa lle entregamos o traballo o primeiro día despois das vacacións. Volta ao traballo diario, e a polo 2º proxecto.

15/04/05

Xa temos unha idea sobre o 2º proxecto, parece interesante pero aínda hai moita información que buscar e exemplos que me facilitan moito mais a aprendizaxe.
Na teoría parece algo lioso pero estiven mirando algún exemplo e vexo como mayor dificultade o emprego do netscape, xa que non sei nin o que é iso. Paréceme que unha webquest debe ser construtivista, xa que o problema é o esencial porque sen el non existe unha aprendizaje.
Debe existir un proceso de búsqueda sencillo, indicar as páxinas onde o alumno pode buscar a información que precisa, analizala ou seleccionala.
Según Piaget a inteligencia é a capacidade de resolver un problema, polo tanto o obxetivo da webquest parece ser que será o problema a resolver.
A webquest consta de Introdución, Tarefa onde se concretiza o problema, Proceso onde se indica o que teñen que facer os alumnos, Recursos onde eles deben seleccionar a información, Avaliación e Conclusión.
Xa fixemos onte os grupos de tres. O meu grupo conta con Rocío, Romina e eu, claro.
Ao final da clase todo me pareceu onte un pouco lioso pero tratase de abrir ventanas e manexalo varias veces para saber. O difícil creo que é a idea para o proxecto.

17/04/05

Estiven mirando tantos exemplos de webquest… Vin ideas moi boas pero copiar non é o que pretendemos por iso estamos intentando sacar unha idea original e atractiva. Unha proposta que sexa divertida e sobre todo que cumpla o principal obxectivo que é unha aprendizaje significativa.

22/04/05
2º proxecto

WEBQUEST
Estiven até agora buscando información sobre o que é unha webquest, como se fai, para que serve… pero de momento a profesora non nos explicou o que nos temos que facer.
Xa sei o que temos que facer, de momento estamos coa idea do proxecto que me parece o máis difícil xa que queremos unha idea orixinal, divertida, animada e que ensine ao mesmo tempo. O que estamos a facer para iso é buscar información e exemplos de distintas webquest, e que non sexa por ejemplos porque eu non sabía nin que existían e sen embargo está a web cargada de webquest.
Temos que traballar con netscape, un programa totalmente descoñecido para min, pero é o que nos vai valer para poñer en marcha este 2º proxecto. Polo de agora gústame moito, xa que é entretido ter que compoñer a nosa propia páxina de aprendizaje.
Xa temos pouco tempo pero deixounos outro prazo de tempo, agora comezan a xurdir moitas ideas, podese ser sobre educación vial ou pode ser sobre alimentación, finalmente eliximos alimentación. Isto é polo tema da obesidade infantil que asusta a tantas nais pero que tampouco fan moito por solucionar o problema xa que se deixan levar pola publicidade…comida basura. Quedan moitos detallesa da páxina por mellorar pero intentarase facer o mellor posible.
Xa estamos a piques, as miñas compañeiras e eu de entregar o segundo proxecto que se trata de cómo traballar coas TICs nas aulas, mediante a webquest.
Debo dicir, que non hai unha única dificultade ao longo do proceso do proxecto xa que, en primeiro lugar foi a idea principal, un título chamativo e orixinal, case nos leva cinco días; en segundo lugar, tivemos problemas o día que quedamos para montar todo, xa que o texto xa o tiñamos, non había conexión na aula de informática da biblioteca e as outras da nosa facultade estaban pechadas (que raro), así que fomos para Empresas e alí descarguei o Netscape que nun principio non era capaz porque non a gardaba nunha carpeta adecuada, finalmente conseguino. E en terceiro lugar, outro problema co cal me estou atopando é que non sei enviar a carpeta. Acabame de axudar unha compañeira da clase (Natalia), debo comprimir esta carpeta para poder enviala. FIN DO 2º PROXECTO.

28/04/05
SQUEAK

Un novo programa educativo.
Squeak é unha linguaxe e unha ferramenta para axudar fundamentalmente aos nenos.
Squeak trata de ensinar xogando. Trata de involucrar aos nenos en proxectos interesantes de tódalas asignaturas integrandoas todas e non traballandoas independientemente unhas das outras.
Squeak é un método de ensino construtivista. Fai amenas as distitas materias e intenta saber as ideas previas dos alumnos.
Traballa mediante a observación, experimentación e os datos van ao ordenador, mediante fotografías... Trátase de observar a realidade. Falamos dunha situación de descubrimento por parte dos alumnos que descubren e aprenden. Sería un esquema parecido a:
Ideas previas  Resolución de problemas
Plantexamento de hipótesis.

¿Cómo se integran as Squeak na escola?

As squeak son, baixo o meu punto de vista, unha ferramenta de gran utilidade no ensino, pero se non se usa de xeito adecuado acabase por converter nunha ferramenta inútil.

O plantexamento é – Non se trata de aparellos -. É certo, squeak é un método de ensino que trata de ensinar mediante técnicas distintas constructivistas, sempre e cando o mestre cambie a mentalidade e interiorice o que é un ensino constructivista e logo debe formarse correctamente, dominar o que deberá transmitir aos seus alumnos para que squeak non sexa un aparello mais senon un método útil na aprendizaxe dos alumnos.

16/05/05
PORTAFOLIOS

Estou empezando o meu portafolios e non me resulta nada fácil. Intentei buscar exemplos pero non atopo ningún que se adecue ao que eu quero. O máis complexo creo que é o de sempre, sacar unha idea para comezar, algo que está na mente pero que non sei como plasmalo aquí, por iso teño que mirar mais exemplos.

18/05/05

Creía que isto era mais sinxelo do que me está parecendo, ademáis agora teño un problema coa weblog xa que pincho encima do tema para poder ler o que tiña escrito e dime que non se atopou nada. Espero que se solucione mañá.
Xa avancei algo mais no portafolios pero prefiro asegurarme de que o que estou facendo está ben porque senón despois…
Sobre o 3º proxecto xa teño grupo e sei que será en word, parece ser que será sobre as TICs, o impacto que estas teñen no ensino-aprendizaxe.
Que triste é a ignorancia….

19 /05 / 05

Hoxe resolvin as dúbidas que me surxiron ata o momento. A páxina de Blogia segue sen mostrarme os textos que tiña nela escritos.
O terceiro proxectos xa está a punto para comezar a preparalo e hoxe na clase de novas tecnologías, ao estar falando a profesora dos proxectos e de que non se trata soamente de aparellos xurdiume unha idea que non sei se a levaremos a cabo xa que antes teño que consultalo coas compañeiras do grupo. A idea é a seguinte: organizar un proxecto onde as materias estén integradas, é decir que os alumnos non tratan as asignaturas de xeito independente. É algo que nun futuro me gustaría que existira en tódolos centros. Entendo que non se trata de intregrar tódalas materias nunha simplemente, ademáis empregar unha metodoloxía construtivista.

Referente ao portafolios xa resolvín a dúbida, debo facer máis dunha páxina para enlazar coa páxina principal de cada unha das materias.
O portafolios de momento só conta coa páxina INDEX onde teño enlaces á páxina de Novas tecnologías e outro enlace á páxina de plástica. Fixen a portada das dúas páxinas e agora teño que escribirlles unha introdución e engadir unha foto miña para a portada.
Polo de agora isto é todo. Hoxe non podrei traballar mais no portafolios debido ás clases.

Pola tarde traballamos con Squeak, un recurso educativo que considerei moi complicado. Pareceume que todo ía demasiado rápido e non me poiden quedar con todo. De todas formas se algún día cegase a ejercer como mestra e quixera empregar este recurso debería formarme como Fernando, o señor que nos explicou algo de Squeak. Foi interesante coñecer distintas formas de traballo e sobre todo gustame porque pode integrar as distintas asignaturas sen tratalas de forma independiente unhas das outras.

20/05/05

Onte pola tarde na clase de novas tecnoloxías veu un mestre de educación Primaria do Colexio concertado de La Salle para explicarnos o programa de Squeak. Estivemos traballando con el durante toda a clase. Que complicado!!! Desta clase chego á conclusión de sempre. É preciso unha boa formación tanto a nivel didáctico como nas Novas tecnoloxías. Este mestre seguramente sexa dos poucos que aplique este programa e seguramente sexa un dos que utilice a mellor metodología de ensino. Con este programa comprobei que se traballan coas materias integradas, aprenden divertindose, aprenden reflexionando…
Debería haber unha mellor formación para os futuros mestres e os que están exercendo comezar a formarse.

23/05/05

Xa vin a mensaxe de Adriana, a miña weblog xa está ben, aínda non a poiden ver. De momento estou escribindo todo en word con datas e despois xa a subo para a weblog debido a que así podo escribir mais a miúdo porque na casa non teño internet.
O portafolios de momento non podo avanzar moito mais porque quedanme por poñerlle uns enlaces coa weblog e os proxectos e iso fareino case de último.
Agora parece que lle collin o truquillo e pareceme mais facil manexar o netscape. Estiven o outro día rompendome a cabeza para facer tablas. Finalmente entendin como facelo porque abria a ventana de tablas mil veces e até que sabía facelo non parei.
Estou preocupada polo terceiro proxecto porque queda tan pouco tempo de clase e tanto traballo aínda por diante que xa me agobio eu soiña.

26/05/05

Hoxe na clase explicouse o 3º proxecto, eu entendo como o proxecto curricular do centro como un ideal. O que fixemos en principio na clase de hoxe foi traballar coas webquest, analizar as webquest dos compañeiros de forma obxectiva e crítica. Desta forma podemos aprender dos erros dos demais xa que corregimos erros das nosas compañeiras que nos demos de conta que nos tamén tiveramos.
Ao final da clase, fixemos os grupos de traballo, esta vez os grupos son de 4, é moito mais sinxelo para traballar porque somos 4 cabezas para sacar ideas e é mais doado.
O meu grupo está formado por Patricia, Tamara e Rocío.

27/05/05

Hoxe quedamos para traballar no 3º proxecto e para comezar tivemos que mirar distintos proxectos curriculares de centro. Ao final a idea das materias integradas lévase a cabo. Estivemos pensando como quedaría mellor, cal era o noso colexio ideal e como integraríamos nos as TICs.
Existe unha boa organización e coordinación no proceso do traballo.

marzo

marzo

Na primeira sesión de Novas tecnoloxías non había unha claridade sobre como ía ser a asignatura pero nesta primeira hora xa me din conta de que esixe un traballo constante e diario.
A pregunta inicial sobre os nosos coñecementos previos foi sobre o que nos creíamos ou o que suponía a tecnoloxía. Eu asociaba a aqueles instrumentos que non precisan a man humana para traballar, todos aqueles aparellos que sirven como apoio ou axuda ás persoas, e para min suponía unha innovación, progreso, avance... Relacionaba a tecnoloxía a todo positivo, como se fose algo perfecto e maravilloso, sen embargo, despois dalgunha sesión mais desta materia decátome de que as novas tecnoloxías non sempre están pensadas con fins optimos nin favorables para a humanidade.

13 de abril 2005

As últimas sesión da materia de Novas Tecnoloxías supuxo un gran esforzo para min, debido a dificultade dos contidos, non tanto polo contido en si, senon mais ben pola cantidade de novos coñecementos. Pero tampouco é a primeira vez que teño un ordenador entre as miñas mans xa que fixen algún curso cando tiña 14 anos do cal hoxe en día non sei nada e penso que foi debido ao nivel do curso non adaptado para esa idade.
As sesións do xoves pola mañá son para min orientativas porque non entendo da mesma forma que cando a mesma materia é explicada mediante o ordenador, seguindo paso a paso, onde nos mesmos podemos ir deducindo e resolvendo dubidas que tiñamos. O exemplo mais claro está na elaboración da weblog. Nun principio pareciame que ía ser como un laberinto no cal non atopaba a saída, sen embargo a través de ganas e esforzo, entrando e investigando pola miña conta fun aprendendo e agora pareceme doado.
Non estou de acordo en que as novas tecnoloxías teñan todo vantaxes xa que nunha das sesión do xoves á maña, tratando os materiais on line e off line e tamen das webs educativas comentouse que estes elementos son importantes para superar o illamento. É certo que mediante este medio nos abrimos ao mundo e non nos limitamos ao libro de texto nin ao noso entorno e podemos coñecer outro mundo totalmente descoñecido para nos. Sen embargo creo que un mal uso deste medio tamen pode ser todo o contrario para o usuario, é dicir, eu considero que as persoas tamen deben ter unha relación persoal, mais de corpo a corpo, creo que isto implica mais sociabilidade que estar tratando con outras persoas a través dunha pantalla.

Novas aprendizaxes

A pesar de que hoxe en día estamos rodeados polas novas tecnoloxías, aínda somos moitos os que ignoramos o funcionamento correcto destas, por iso, esta materia está ben que se enseñe aos futuros docentes. O que non me parece tan ben é que se imparta en tan pouco tempo, xa que require un longo espazo de tempo.
No meu caso xa fixen algún curso de informática pero nunca utilicei power point. Pensei nun primeiro momento que sería bastante difícil pero a medida que seguía as explicacións, preguntando sempre que tiña algunha dúbida, xa que creo que é importante resolver as dudas nese mismo momento porque logo non se entendería nada.
Neste curso, a maior parte dos mestres empregan o ordenador para impartilas súas clases e imaxino que pronto chegarán aos colexios de primaria.

O novo contacto coa tecnoloxía como medio de aprendizaxe posibilitame máis facilidade á hora de desenvolverme co ordenador, unha maior facilidade á hora de buscar calquera tipo de información, poder resolver dúbidas por medio dos meus compañeiros e traballar con mais dun programa. O límite está no horario, teño pouco tempo para poder acceder a internet, e iso para min é un problema debido a que non podo mirar o meu correo tódolos días.
Durante as prácticas escolares non vin en ningún momento un acercamento dos nenos e nenas cara ás novas tecnoloxías, e baixo o meu punto de vista creo que en cortas idades non se debe pedir aos nenos que pasen moito tempo durante unha pantalla, simplemente un achegamente"breve".